A ARE, o Concello, a Piscina Municipal e Cáritas Rianxo lanzan unha campaña solidaria para axudar ás familias a afrontar o Nadal

01 Decembro 2021

O Concello de Rianxo, a Piscina Municipal (Beone) e a Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) puxeron en marcha unha iniciativa conxunta que busca mobilizar o importante espírito solidario da cidadanía rianxeira. En concreto, trátase dun chamamento á veciñanza para colaborar con Cáritas Rianxo de cara a afrontar as vindeiras festas de Nadal, que se farán costa arriba, en parte pola situación económica derivada pola COVID, en parte pola suba dos prezos xeneralizada (da enerxía, do transporte e de todo tipo de produtos), para unha chea de familias do concello e da nosa comarca.

Esta colaboración impulsada por Concello, Beone e a ARE, tamén busca beneficiar aos negocios locais mercando neles os artigos a doar, “o que redundará positivamente na economía da vila”, informa a patronal, que pon o foco no importante labor social desempeñado por Cáritas Rianxo (“unha entidade que traballa arreo e de xeito desinteresado por todos aqueles que o precisan”) e, tamén, na situación actual marcada pola pandemia: “Unha situación que está a causar grandes dificultades económicas, sobre todo a familias que xa tiñan carencias e que agora venas acrecentadas pola suba dos prezos da luz, dos combustíbeis e dos produtos de primeira necesidade. Ao longo deste ano todos fomos testemuñas das chamadas de axuda dos bancos de alimentos que vían, día a día, como medraba o número de familias que solicitaban recursos para poder comer. Tamén somos conscientes de que os negocios locais tiveron que facer un gran esforzo para saír adiante afrontando os seus gastos habituais cuns ingresos que minguaron debido ao confinamento da poboación, aos peches decretados, ás corentenas…”

Por todo o devandito, e cara ás vindeiras festas de Nadal, a ARE lanza un convite a tódolos rianxeiros e rianxeiras para que “fagan algunha contribución, por moi pequena que sexa, para colaborar con nós e con Cáritas Rianxo no seu labor”. A patronal lembra que esta colaboración pode materializarse por partida dupla: mercando os artigos que vaian doar nos establecementos locais de Rianxo.

Artigos que se precisan:

Roupa de segunda man ou nova.- Cáritas Rianxo ten un contedor destinado á recoller roupa de segunda man na súa sede social (Casa do Cura) situada na Rúa Hospital. A roupa de segunda vida que se doe debe estar limpa e nun estado de conservación axeitado para o seu uso.

Xoguetes novos e outros agasallos varios. Agradecerase a doazón de xoguetes novos para

crianzas de diferentes idades, libros, artigos de papelería e calquera outro artigo susceptíbel de servir de agasallo. Evitar artigos bélicos ou sexistas.

Alimentos non perecedoiros e ouros produtos varios. Unicamente recolleranse alimentos que

non precisen refrixeración para a súa conservación. Tamén produtos de limpeza e aseo persoal. Evitar produtos con envases fráxiles.

Doazóns a Cáritas Rianxo. Estas doazóns poderá empregalas Cáritas para mercar alimentos perecedoiros e cubrir as necesidades máis puntuais e específicas. A ARE lembra que este tipo de contribucións son necesarias todo o ano e poden realizarse por medio dos métodos que Cáritas establece de xeito habitual ou mediante ingresos nas súas contas bancarias:

Abanca ES11 2080 0310 5930 0011 8053

La Caixa ES58 2100 4694 9101 0023 1799

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

Galicia para ser un país de emigrantes aprendeu moi pouco sobre o tratamento laboral cara aos novos inmigrantes que chega en busca de novas oportunidades. Lembrar, cando algún galego marchábase para Suíza, EE.UU, Arxentina, Canadá, Alemaña ou Gran Bretaña. Os peores...

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...