Este venres 3 de decembro o Liceo de Rianxo vai acoller unha charla-coloquio organizada pola Plataforma local do Centro de Día, co obxectivo de debater e informar sobre o futuro das pensións. A sesión dará comezo ás 17.00 da tarde.
Contarase coa presenza de Guillermo Fontán Feijo, vicepresidente e co-fundador de MODEPEN (Movemento en Defensa das Pensións) e Xabier Pérez Davila (escritor e activista, autor dos seguintes libros: A Batalla polas pensións, Alén da Casta e Socialismo en Europa 2020).




