En Boiro o Concello destinou unha parte do POS da Deputación a gastos sociais extraordinarios

29 Novembro 2021

O Concello de Boiro fixo balance das contías finalmente empregadas para gastos sociais extraordinarios. En concreto, o departamento de Servizos Sociais informou dun investimento de 210.312,87 euros do Plan Único Concellos (POS) da Deputación da Coruña para este capítulo de axudas extraordinarias. O importe da subvención destinouse para gastos derivados da axuda no fogar, emerxencia social, material escolar, respiro familiar e atención a persoas sen fogar.

Para definir as partidas de gasto, o Goberno local realizou unha análise das necesidades trasladadas polo dito departamento, poñendo o foco naqueles sectores ou ámbitos que se viron incrementados como consecuencia da situación sanitaria.

Unha parte desta achega provincial, 26.343,10 euros, empregouse para ampliar as partidas destinadas a garantir ingresos suficientes ás persoas maiores, con diversidade funcional, en risco de exclusión social, vítimas de violencia de xénero… en definitiva para asegurar a cobertura das necesidades básicas como son vivenda, alimentación ou gastos médicos.

Por outra banda, un total de 15.000 euros destinouse a axudas ás familias para gastos que faciliten a escolarización, material informático ou acceso aos medios dixitais.

A maiores, 131.115,37 euros desta achega provincial dirixíronse a ampliar o servizo de axuda a domicilio en todas as súas modalidades xa que, durante o confinamento, viuse multiplicada a demanda do servizo de axuda no fogar.

Un importe de 14.000 euros destinouse ao reforzo dos servizos e axudas económicas para levar a cabo medidas de conciliación e unha cantidade de 1.000 euros foi para o fortalecemento das axudas económicas de atención a persoas sen fogar que se viñan prestando.

Mediante esta achega provincial para gastos sociais extraordinarios durante o ano 2021 o Concello de Boiro puido ampliar cantidade dos orzamentos destinada a gastos sociais, investindo arredor de 1.200.000 euros. “A crise sanitaria e as consecuencias derivadas da situación de emerxencia social multiplicaron a demanda de servizos sociais municipais. Con subvención da Deputación da Coruña o Concello de Boiro puido prestar axuda a 130 persoas con necesidades”, sinalou o concelleiro Raúl Treus.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.