Recuperados 1.400 quilos de redes de pesca abandonadas para facer porterías

29 Novembro 2021

Abanca vén de facer reconto do acadado este ano a través do seu proxecto de sustentabilidade Redes Vivas, destinado a facilitar a recuperación de redes no mar e darlles novos usos alternativos. O programa, segundo sinala a entidade financeira, permitiu recuperar este ano 1.400 quilos de redes de pesca abandonadas en espazos costeiros e darlles unha nova vida dentro dos campos deportivos.

No proxecto colaboraron arreo redeiras artesás de Corme e Malpica, que transformaron os apeiros apañados en 1.500 m2 de novas redes que permitirán renovar 78 porterías de 39 clubs patrocinados polo banco no marco do seu proxecto Abanca Deporte Base. Ata o momento entregáronse 40 redes a 20 clubs e o resto das entregas realizaranse en 2022. Máis de 5.000 deportistas das catro provincias galegas beneficiaranse das novas redes instaladas nas súas canchas e campos deportivos.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...