Ana & Marían, de Noia e Outes, conseguen o segundo premio musical de Xuventude Crea

29 Novembro 2021

O programa Xuventude Crea da Xunta de Galicia concedeu finalmente os seus premios ao novo talento musical galego (entre outras categorías creativas). O primeiro galardón (que recibirá unha contía económica de 3.000 euros) foi dar á ourensá Alicia Otero, por O retrato e Saliva y alquitrán. A directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, foi a encargada de entregar os recoñecementos aos gañadores durante a final, que tivo lugar este domingo no Playa Club da Coruña. O segundo premio (dotado con 1.500 euros) foi dar a mans das artistas Ana & Marián (de Noia e Outes), cos temas Faros e Canto ao mar.

Nesta especialidade de Xuventude Crea presentáronse un total de 19 solicitudes nas que están involucrados 36 mozas e mozos entre grupos e solistas. Finalmente, foron tres grupos e tres solistas os que chegaron á última fase.

O terceiro premio foi para Karma Animal (Vigo), con Fénix e Marfil. Os autores das obras gañadoras tiveron que competir co resto de finalistas, entre os que se atopaban Burgas Vandal (Ourense), cos temas Inimigo e Purgatorio; Tiam Gz (Chantada), coas pezas Males endémicos e Muinhei-rap de Chantada; e Galboir (Arzúa), cos temas Noite eterna e Case todo ben.

Outros artigos

Noia prepárase para sementar ameixa, berberecho e ostra

Cría de berberecho TVG A confraría de Noia prepárase para sementar cría de ameixa, de berberecho e de ostra que cultivan eles mesmos nun criadeiro en Outes: unha granxa de marisco.Collen exemplares na ría, fan que teñan cría, engórdanos en piscinas e logo seméntano...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

O 8 de abril de 1966 entrou en vigor a Lei 14/1966, de 18 de marzo, de Prensa e Imprenta que o mundo do xornalismo da época coñeceu en España como "a Lei Fraga de liberdade de prensa". Non houbo tal: o 24 de setembro de 1973 -dous anos antes de que finara Francisco...