A Marea Cidadá reclama unha regulación urxente das terrazas en Noia

27 Novembro 2021

Dende o grupo municipal da Marea Cidadá de Noia vense de esixir, no pasado pleno, unha regulación clara sobre o funcionamento e a instalación das terrazas nos locales hosteleiros do Concello de Noia. En palabras do seu voceiro Manolo Seijas, o Concello estaría a cometer “omisión da súa función reguladora”, ao funcionar a asignación de
terrazas por métodos “caciquís” e de “comisión de favores” ao goberno.

A instalación de terrazas “irregulares” é polo tanto un problema tanto para o propio sector, que non contaría ca seguridade xurídica necesaria para levar a cabo a instalación de ditas terrazas, como para a propia cidadanía que vería como o uso de chan público funciona de xeito totalmente anárquico e desregulado.

Se ben este é un feito que se leva producindo dende hai anos, segundo afirman dende a Marea Cidadá, a pandemia da COVID-19 e a flexibilización da situación das terrazas debido ás reducións de aforo en interiores agravaron enormemente o problema. Se ben afirman que comprenderon e apoiaron dita flexibilización, tamén recordan que dita
redución xa non existe e que cómpre atallar dunha vez por todas esta problemática.

Seijas apelou a Santiago Freire e ao resto da corporación a poñer fin a esta situación e facer dunha vez por todas o seu traballo: regular a asignación, instalación e mantemento das terrazas para conceder seguridade xurídica á hostelería e rematar dunha vez ca competencia desleal e o caciquismo.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.