Presentadas 18 ofertas para as obras de renovación da rúa do Castro en Castiñeiras

25 Novembro 2021

O Concello de Ribeira informou de que foron presentadas un total de dezaoito ofertas para acometer a renovación do pavimentado e a rede de pluviais da rúa do Castro na parroquia de Castiñeiras.

O obxectivo que se persegue é “mellorar o estado actual dunha vía que posúe un pavimento de beirarrúas de baldosa hidráulica e unha calzada de aglomerado asfáltico, ambos en mal estado, así como un tramo con rede de pluviais que non rexistra un óptimo funcionamento”, sinalou o Concello.

Así, conforme ao proxecto técnico elaborado, vaise dotar dunhas novas beirarrúas á zona en cuestión a base de formigón semipulido previa colocación dos bordos de formigón. Á calzada será de aglomerado asfáltico en quente.

En canto á rede de pluviais, instalarase unha rede de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro, pozos de rexistro e arquetas sumidoiro, que se unirá á rede xeral.

O prazo de execución son tres meses.

O orzamento base de licitación ascende a 99.749,40 con IVE. O investimento está incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2020.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.