A biodiversidade mariña e a Lei de Pesca, a debate en Celeiro

25 Novembro 2021

A Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro recupera este xoves 25 de novembro, e ata o vindeiro sábado (inclusive), as Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro que por mor da pandemia de coronavirus non se puideron levar a cabo ano pasado cadrando con XXV aniversario desas xornadas.
A confraría e o porto de Celeiro, coa Xunta e o apoio do FEMP, recupera este ano esa traxectoria que, ao mesmo tempo, é un recoñecemento dos intereses profesionais dos seus asociados  nunhas vodas de prata que, segundo dixo o secretario do pósito, Máximo  Díaz, “son un motivo de satisfacción polo traballo realizado até a data e que emana dos propios profesionais do sector”.

As xornadas ábrense hoxe co discurso inaugural do presidente de Cajamar-Caja Rural, Eduardo Baamonde Noche. A continuación debaterase sobre a biodiversidade mariña e a lei de Pesca ante a crise ecolóxica e social, a enerxía eólica e a actividade pesqueira, a dixitalización pesqueira, a comercialización, o FEMPA 2021-2027 e o Brexit, etc. No desenvolvemento destas xornadas entra tamén un acto de homenaxe ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Unha das novidades desta edición é o formato híbrido (presencial e online) da mesma.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.