O Club Baloncesto Noia perdeu fronte ao Porriño (55-62)

24 Novembro 2021

Merecida derrota do Berberecho Noia que en ningún intre foi capaz de impoñer seu xogo diante do conxunto de Porriño, que se mantivo por diante no electrónico durante todo o encontro con pequenas vantaxes.

Nos primeiros minutos o acerto no tiro exterior de ambos conxuntos mantería a igualdade chegando co resultado de 13 a 16.

No segundo parcial os visitantes foron quen de ter máis paciencia e encontrar os mellores lanzamentos e chegar o descanso 26 a 31.

Tralo paso polos vestiarios os locais reaccionaban e axustaban o marcador para situarse catro puntos por debaixo. Pero nos últimos dez minutos o rebote foi de dominio visitante impedindo la remontada dos noieses e chegar ao definitivo 55-62.

Polos locais o máis destacado foi Manu con 12 puntos. Con esta derrota os noieses descólganse dos postos altos da táboa.

Foto de arquivo dun encontro do Club Baloncesto Noia

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...