Veciñanza de Artes pide a Concello e Xunta implicación para mellorar o acceso a Internet

20 Novembro 2021

A veciñanza de Artes recolleu durante o último mes máis dun cento de sinaturas nas que se insta ao Concello de Ribeira e á Xunta de Galiza a actuar ante as empresas de telefonía para mellorar a conexión a internet nas zonas rurais, especialmente en Artes.

O veciño promotor da recollida de sinaturas, Roi Paz, entregou hoxe a petición no rexistro do Concello e agradeceu o amplo apoio a unha iniciativa que pide “mellorar un servizo tan esencial hoxe en día”. Este veciño explicou que hai zonas que xa teñen instalada a fibra óptica pero que non a poñen en funcionamento, como é o caso do Outeiro. “Hai veciños e veciñas que levamos meses reclamando ás diferentes compañías que poñan en marcha este servizo sen éxito, por iso é preciso que as Administracións se impliquen para resolver este problema” argumentou. Roi Paz agradeceu a implicación dos membros do BNG por facilitarlle o asesoramento necesario para levar a diante esta acción e por trasladar este asunto ao Concello de Ribeira.

Os concelleiros do BNG estiveron hoxe tamén con Roi para mostrar o seu respaldo “a unha acción que procura mellorar un servizo básico tan necesario como é o acceso a Internet”. O nacionalista, Luís Pérez Barral defendeu que a poboación das zonas rurais debe contar con todos os servizos fundamentais como o saneamento, a auga, o lixo ou o alumeado pero tamén o acceso a internet de calidade, e debe telos do mesmo modo que os teñen os habitantes das zonas urbanas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...