O Centro Cultural Lustres Rivas exhibe as fotografías gañadoras da 15 edición Premio Luis Ksado2

20 Novembro 2021

Dende hoxe ata o 17 de decembro xa se pode contemplar no Centro Cultural Lustres Rivas a nova exposición coas obras gañadoras e finalistas da décimo quinta edición do Premio de Creación Fotográfica Luis Ksado que promove a Deputación da Coruña.
A primeira tenente de alcalde e concelleira de Cultura, María Sampedro, foi a encargada de proceder ao acto inaugural desta mostra, que “é xa unha referencia no eido da fotografía dende a súa creación en 1992”.
Salientou que nesta edición presentáronse 65 coleccións dun alto nivel, das que resultaron finalistas sete e na que se alzou co premio o fotoxornalista José Manuel López Perez coa obra “Atrapados ás portas de Europa” que busca visibilizar o drama das persoas refuxiadas.
Tamén se exhiben as instantáneas de seis propostas finalistas, captadas por Javier Atienza, Clemente Bernad, Jesús Caballero, Miguel Gómez, Brais Lorenzo e Jesús Madriñan, estes últimos dúas xoves promesas galegas nados nos anos 80 e que están despuntando no fotoxornalismo realizando traballos para recoñecidas axencias e medios de comunicación como El País, The Guardian, La Vanguardia ou El Mundo.
“Estamos sen dúbida ante unha exposición que pon en valor a fotografía e que demostra a gran calidade artística dos profesionais do sector”, manifestou a edil.
A mostra poderá verse ata o 17 de decembro de luns a venres de 10 a 13 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.