Boiro dota o Polígono Industrial de Espiñeira de 12 puntos para a reciclaxe selectiva

19 Novembro 2021

O Concello de Boiro levou a cabo no Polígono Industrial de Espiñeira actuacións para a dotación de 12 puntos de reciclaxe para a recollida selectiva de lixo. O orzamento total da obra ascende a 82.092,25 euros e as actuacións
realizáronse mediante o cofinanciamento da Xunta de Galicia a través de liñas de axuda para proxectos de acondicionamento e infraestruturas.
A actuación realizada contempla o subministro e instalación de puntos para a xestión de residuos dentro do parque empresarial. Fíxose a colocación de 12 illas de reciclaxe, agrupando nun mesmo lugar físico os diferentes tipos
de contedores para residuos existentes xa que ata o momento so se dispoñía de contedores de lixo xenéricos. Cada illa dispón dun contedor xenérico e un de plástico de 1.200 litros cada un, e un contedor de vidro e outro de papel/cartón de 3.000 litros de capacidade.
Os contedores son de fabricación integra en Galicia a partir dun 78% de plástico reciclado da recollida urbana, un 7% de metais reciclados que aporta rixidez e unha pequena parte de material novo para o acabado final. As illas colocáronse naqueles lugares de maior necesidade e realizouse un peche perimetral da illa con madeira para unha maior integración estética.
O Concello de Boiro traballa para impulsar o Polígono Industrial de Espiñeira e mellorar os seus servizos e que siga xerando emprego. Nos últimos dous anos leváronse a cabo numerosas actuacións para mellorar a súa seguridade como a renovación de pavimentados, a dotación de beirarrúas. Na actualidade estase a levar a cabo tamén unha actuación para mellorar o pavimento da entrada e mellora da sinalización viaria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.