O Concello de Boiro, a ABE e os corpos de seguridade locais mantiveron unha xuntanza sobre a hostalaría

19 Novembro 2021

O Concello de Boiro, a Asociación Boirense de Empresarios e os corpos de seguridade mantiveron unha xuntanza sobre a nova normativa de licencias e as medidas a levar a cabo en canto ao control do ocio. Na xuntanza estivo o
alcalde, José Ramón Romero, o concelleiro de Comercio e Consumo, Marcos Fajardo, a Policía Local de Boiro, a Guardia Civil de Boiro e as persoas da directiva da ABE representantes da parte de hostalaría.
A Asociación Boirense de Empresarios solicitou unha xuntanza para coñecer o estado de adaptación das licencias á nova normativa. O Concello de Boiro está traballando nun borrador, que se vai tramitar a nivel comarcal, para
que as licencias actuais se adapten ao novo catálogo e se establezan os horarios de apertura e peche e as medidas se implementen de xeito homoxéneo nos municipios da comarca.
Na xuntanza tratáronse tamén aspectos relativos á seguridade e ao control durante as fins de semana para evitar inconvintes coa relaxación das medidas. As forzas de seguridade van aumentar a vixilancia durante as noites, así como o control dos horarios e os aforos. Por parte do Concello de Boiro vaise intensificar tamén a limpeza viaria durante as fins de semana.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...