“100 consellos para conquistar o futuro”. Alberto Barciela

17 Novembro 2021

O filósofo chinés Confucio, xa advertiu: o bo líder sabe o que é verdade; o mal líder sabe o que se vende mellor. Transcorridos 2.500 anos da aseveración do sabio, nestes tempos de cambios, de convulsión e oportunidade, temos que recorrer á proposta de psicólogo para discernir se nos estamos volvendo tolos ou simplemente evolucionamos pola senda da cordura cara á destrución. Falar non por falar, falar para comunicar, para enlazar experiencia, para explicar o que funcionou en cada organización ou empresa galega é o que nos propón cada ano Libredón, é como un diván de solucións.

        É un pracer escoitar, sen espaventos nin egos, nun formato áxil e directo á nova Galicia, as experiencias de novos e vellos emprendedores como Juan Luis Castro, Presidente Executivo de  Castrosua; Carlos Martínez Fontana,  Ceo de  Einsa  Sourcing; Argimiro Fernández, presidente do Grupo  GSI;  Lina  Solla, Directora Xeral de Marisco  Linamar; Doura Casal, Directora Executiva de Roberto  Verino; Marián Mouriño,  Ceo do Grupo Corporativo GES; Andrés Fernández,  Ceo do Grupo Zendal; Anxo Rivera, do Banco de Santander ou Enrique García,  Ceo do Grupo  Profand. As súas achegas son a evidencia de que é posible superar as crises e a pandemia con éxito. Debe facerse, como dixo Alfonso Rueda, Vicepresidente da Xunta de Galicia, con “un espírito de diálogo, que afaste discrepancias ideolóxicas ou de competencia, con talento e con talante, en modo parecido á colaboración que nos levou ao éxito do XACOBEO.”

        A convocatoria, agora chamada “100 Consellos Santander”, por aquilo da necesidade de patrocinios, reuniu de novo no Palacio de Congresos de Santiago, a decenas de directivos e líderes empresariais galegos dispostos afrontar as incertezas do 2022 “cun enfoque realista, adaptando ás circunstancias que xurdan con planificación, flexibilidade e determinación”. Son palabras do director do evento, Joaquín Dosil, un Profesor da Universidade de Vigo, Doutor en Psicoloxía, Máster en psicoloxía do deporte, Máster en Asesoramento e Orientación Familiar, un profesional especialista en saúde mental interesado en estudar e entender o comportamento (ou a conduta, segundo o punto de vista doutras terminoloxías). O seu saber, que é moito, levouno a especializarse en Orientación e asesoramento de altos directivos e xestores de equipos líderes; mellora de rendemento de persoas e equipos; desenvolvemento de negocios de pemes e multinacionais; deseño, xestión e desenvolvemento de políticas empresariais; asesoramento e orientación de imaxe e comunicación de políticos; deseño xestión e desenvolvemento de campañas políticas.

        O acto clausurouno o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, achegando, como uno máis, os seus 10 consellos.

         Erich  Fromm, psicólogo alemán, deixou escrito no seu libro “A arte de amar”, que o mestre aprende dos seus alumnos, o auditorio estimula ao actor, o paciente cura ao seu psicanalista -a condición de que non se traten como obxectos, senón que estean relacionados entre si en forma xenuína e produtiva. Por iso esperamos que Joaquín Dosil poida seguir contribuíndo a curarnos de todo  desestimiento ou  desentendimiento, o seu exemplo e capacidade de convocatoria son fantásticos. Debémoslle un recoñecemento público.

        A luz sen recibo ilumina coa sabedoría, experiencia e bo facer postos en común, iso representa “100 Consellos Santander”.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.