O Mercadiño de Ribeira retomará o sábado a normalidade despois de vinte meses de restricións

17 Novembro 2021

O Concello anuncia que este sábado 21 de novembro o mercadiño de Ribeira vai retomar a normalidade co cento por cento dos postos ocupando o recheo portuario da cidade.
Había vinte meses dende o último mercadiño que operou con plena normalidade, pois as restricións derivadas da irrupción do covid comezaron o 14 de marzo de 2021 no que unicamente se permitiu a presenza dos postos de alimentación, pasando a partir de entón por diferentes nas fases nas que o mercadiño ben estivo pechado, ben
aberto pero alternándose os números pares e impares, ben limitado a produtos agroalimentarios, etc.
Cómpre lembrar que de acordo coa normativa vixente a máscara en espazos ao aire libre é obrigatoria cando a aglomeración de persoas impida manter unha distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.