Xosé Manuel Lobato presenta Trobar do ar en Ribeira

15 Novembro 2021

A Asociación Cultural Barbantia, Medulia editorial e o Concello de Ribeira organizan o vindeiro 19 de novembro a presentación do poemario Trobar do ar de Xosé Manuel Lobato. Será ás 20.30 h no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira. Interveñen no acto Xosé Ricardo Losada (profesor e narrador), Xosé Manuel Lobato (poeta e narrador) e Manuel Ruiz Rivas (alcalde de Ribeira).

Xosé Manuel Lobato (Boqueixón, 1958) achega en Trobar do ar “unha proposta de xorne irracionalista na que os contidos e as mensaxes, non sempre nidias, harmonízanse con imaxes procedentes do ensoño para construír unha totalidade simbólica, parella á convencional, na procura dunha realidade profunda atemporal e certeira, oculta detrás das aparencias”, en palabras de Medulia.

Outros artigos

Noia alzou a voz contra a violencia machista

Na mañá deste mércores 25 de novembro, o alumnado dos centros educativos de Noia foi protagonista da lectura do manifesto con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A axenda deste mércores deu comezo ás 11.45 coa lectura da...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...