A Policía de Boiro informa dos treitos de estrada que se verán afectados polo I Rally Ribeira – Ría de Arousa

12 Novembro 2021

A Policía Local de Boiro informou das disposicións que se van tomar esta fin de semana (días 13 e 14 de novembro) con motivo da celebración do I Rally Ribeira – Ría de Arousa, que afectará a diversas rúas do termo municipal debido ao transcurso da proba. Os tramos afectados son nos lugares de Montaña, Montañó, Piñeiro, San Paio, Mosquete, Escobia, Cubelo, Cadarnoxo e A Candosa.

O sábado 13 de novembro estará cortado o tramo Montaña- San Paio – Mosquete, polo acceso do campo de fútbol da Mina entre as 14.00 e as 21.00 horas. Estará tamén cortado o acceso na zona de Aruxo subindo cara A Candosa entre as 14.00 e as 21.00 horas.

O domingo 14 de novembro cortarase ao tráfico a estrada Montañó – San Paio entre as 6.30 e as 14.30 horas e a estrada de Runs cara Iroite, A Candosa e Cadarnoxo en horario de 6.30 a 14.30 horas. O domingo estará cortada tamén a Avenida da Constitución entre o cruce coa Avenida de Avellaneda ata o cruce coa Avenida de Barraña, entre as 8.00 as 15.00 horas.

Dende emerxencias informan tamén de que nos lugares de Montaña, Montañó, Mosquete, Escobía, Cubelo, Cadarnoxo e Candosa estarán os servizos sanitarios que atenden o evento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.