A aula CeMIT de Boiro acollerá un obradoiro para empoderar ás mulleres en ecommerce

20 Setembro 2019

20190920 A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) vén de pór en marcha un programa formativo de empoderamento tecnolóxico-financeiro para as mulleres do noso rural, e faino en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade. Os obradoiros impartiranse en oito concellos galegos (Moaña, A Estrada, Ordes, Boiro, Monforte de Lemos, Monterroso, O Carballiño e o Barco de Valdeorras) entre finais do mes de setembro e mediados de novembro. Nos cursos introducirase ás asistentes en cuestións como os usos e posibilidades da banca electrónica ou o ecommerce. A idea é achegar formación axeitada para compensar a progresiva desaparición da banca tradicional.

En palabras da UCGAL, a Escola para o apoderamento de mulleres do rural: comercio e banca electrónica constitúe un xeito de “combater a fenda dixital”, fomentar a capacitación financeira e a autonomía económica “nun contexto no que o número de oficinas bancarias diminúe de maneira progresiva e no que as transaccións de bens e servizos a través da rede están á orde do día”.

Entre os obxectivos destes obradoiros está o seguinte: que as asistentes adquiran coñecementos e habilidades relacionadas coa Sociedade da Información (banca electrónica, comercio electrónico) e, a maiores, coñezan os seus dereitos como persoas consumidoras e as ferramentas existentes que permiten o exercicio dos mesmos.

UCGAL e a Secretaría Xeral de Igualdade colaboran por primeira vez nun proxecto que busca tamén “facilitar a participación das mulleres no entorno dixital e reforzar as súas competencias neste eido ao fin de facelas partícipes dos avances que proporciona a Sociedade da Información”.

Na actividade, achegando recursos prácticos e coñecemento, participarán un completo equipo de instrutoras e instrutores con experiencia tanto en novas tecnoloxías como no ámbito do consumo.

As actividades levaranse a cabo nas aulas CeMIT dos devanditos concellos e a súa duración será de oito horas, repartidas en catro sesións de dúas horas cada unha. O número de prazas é limitado. As inscricións realizaranse chamando ao 981 56 64 11 ou enviando un correo electrónico a prensa@consumidores.gal.

O obradoiro de Moaña levarase a cabo o 24, 25 e 30 de setembro e o 1 de outubro, en horario de 18.00 a 20.00 horas. O da Estrada será o día 30 de setembro e o 2, 7 e 9 de outubro en horario de 10.30 a 12.30 horas. O obradoiro de Ordes é de 17.00 a 19.00 horas, os días 1, 3, 15 e 17 de outubro. O de Monforte celebrarase en horario de 17.00 a 19.00 horas, os días 7, 9, 14 e 16 de outubro. O curso do Barco de Valdeorras desenvolverase de 17.00 a 19.00 horas, os días 18, 21, 25 e 28 de outubro. O de Carballiño é os días 18, 21, 25 e 28 do mesmo mes, en horario de 16.30 a 18.30 horas. O de Boiro desenvolverase en horario de 17.30 a 19.30 horas, o 23, 24, 30 e 31 de outubro. O de Monterroso celebrase xa en novembro, os días 5, 6, 12 e 13 dese mes, en horario de 16.00 a 18.00 horas.

Outros artigos

Cáritas Diocesana aproba as contas do ano 2023 cun saldo positivo

Socios, achegas, donativos e colectas sitúanse no primeiro lugar dos ingresos cun 33%. Cáritas Diocesana de Santiago obtivo un resultado positivo de 533.476 euros, segundo o exercicio económico do ano 2023 aprobado durante un Consello que presidiu o arcebispo de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

A frase non é -que máis quixera!- da miña autoría. Pertence ao escritor monfortino Lois Diéguez, quen na contracuberta da súa obra "As voces amadas" (publicada o ano pasado) dí: "... eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes...

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

El sol acaricia suavemente los cristales de la ventana, las cortinas dejan pasar un hermoso rayo de luz, llego la hora. La plaza del comercio, donde se celebrarán los actos conmemorativos, allí haciendo las líneas de un cuadrado el pueblo portugués espera, espera para...