Barbanza Arousa estará presente no Salón Xantar de Turismo Gastronómico

02 Novembro 2021

Do 3 ao 7 de novembro vaise celebrar en Ourense a nova edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar 2021, co obxectivo de “ofrecer cinco días de intensa actividade” para reivindicar a longa listaxe de produtos de calidade da nosa terra e as moitas e variadas propostas dos nosos expertos en cociña. Haberá demostracións en directa cos mellores chefs, catas comentadas, maridaxes, degustacións, conferencias de expertos e presentacións de produtos innovadores.

Na feira, organizada por Expourense, estará presente a Mancomunidade Barbanza Arousa, a entidade turística dos concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira. Contará no evento cun stand de seu, onde organizará unha completa axenda de actividades. O día 3 ás 13.00 horas a mancomunidade achegará unha degustación de pratos elaborados a base de conservas e ás 19.30 horas un showcooking baixo o seguinte epígrafe: Sabores de Orixe: Barbanza Arousa.

Outros artigos

Comeza a conta atrás para a XII Carreira Popular Concello de Rianxo

Julian Bustelo, alcalde de Rianxo, Julian Alcalde, Concelleiro de Deportes, e Ramón Villanustre, técnico de deportes, presentaron hoxe na Casa do Concello a XII Carreira Popular Concello de Rianxo, que se celebrará o vindeiro 31 de outubro. A proba está incluída no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.