Defuntos pasado por auga. Todo o litoral en aviso amarelo este martes por temporal costeiro

01 Novembro 2021

O martes Galicia estará afectada pola chegada dunha fronte fría asociada a unha borrasca situada sobre Escocia. Así, o ceo quedará parcialmente cuberto con precipitacións, sendo máis intensas no terzo norte. Durante a noite baixará a cota de neve e non se descarta neve nos cumios máis altos.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, permanecendo as máximas sen cambios significativos. O vento soprará de compoñente oeste, moderados en xeral, con intervalos fortes no litoral norte na primeira metade da xornada.

meteogalicia

Todo o litoral galego permanecerá durante este martes en aviso amarelo por temporal costeiro ante a previsión de ventos de forza 7 e ondas de entre catro e cinco metros.

O NOSO MAR: Vento do oeste á mañá e á tarde e do noroeste á noite, forza 5 a 6 á mañá e á tarde e 4 a 5 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 3.5 metros.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar01:483.3 m
Baixamar07:480.9 m
Preamar14:023.6 m
Baixamar20:170.6 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar01:393.3 m
Baixamar07:401.0 m
Preamar13:523.5 m
Baixamar20:070.7 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar01:443.3 m
Baixamar07:450.9 m
Preamar13:573.5 m
Baixamar20:130.6 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.