Comezan as obras na rúa Sidreiras de Ribeira

19 Setembro 2019

20190919. O Concello de Ribeira informa do inicio dunha actuación dirixida á instalación dunha rede de pluviais na rúa Sidreiras, en Santa Uxía, vía perpendicular á avenida da Coruña.

A lonxitude do tramo que se vai construír é de 210 metros, no cal se procederá á colocación de tubaxes de 315 milímetros e de 160 milímetros de diámetro, así como arquetas sumidoiro e pozos de rexistro. Ademais, o pavimento afectado será reposto.

A obra está sendo executada pola empresa Vías y Servicios Generales, S.L., cun investimento de 18.309 euros e prazo de execución dun mes e medio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...