A comunidade de Amicos celebrou o Samaín con disfraces, creación de adobíos e un scape room

29 Outubro 2021

A Asociación Amicos celebrou este 29 de outubro a Festa do Samaín no seu Centro Integral de Comoxo, en Boiro. Previamente, ao longo desta semana, as e os integrantes da entidade social da nosa comarca mostraron a súa total implicación creativa preparando os disfraces máis terroríficos e decorando o centro. As paredes enchéronse de arañeiras, pinturas e até houbo un photocall con máscaras e demais complementos para deixalo todo a punto para o gran día: este venres 29.

A celebración estendeuse ao longo da mañá con diversas actividades. A primeira hora os membros de Amicos estiveron a traballar na maquillaxe e dando os últimos toques a cadanseu disfrace, para máis tarde facer “un desfile de medo” onde os demos, os espíritos e outros seres da ultratumba foron os protagonistas.

Ademais, a comunidade de Amicos participou nun scape room do terror que incluía varias probas como a construción dun quebracabezas, un xogo para dar cunhas chaves perdidas e unha proposta para descifrar mensaxes ocultas e atopar un obxecto perdido no caldeiro dunha bruxa.

A festa non rematou na xornada deste venres 19. A segunda parte do Samaín está prevista para o vindeiro martes, 2 de novembro, no Centro de Educación Especial de Amicos, situado en Oleiros (Ribeira). A actividade principal será a realización dun concurso de cabazas de Samaín.

Outros artigos

Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar

O Concello de Ribeira conmemorou o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo rendendo unha homenaxe a tres mulleres extraordinarias que dedicaron as súas vidas a unha profesión fundamental para a nosa comunidade: o marisqueo. O concelleiro de Mar, Fernando...

+

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...

+

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión