En Lousame o Concello mellor os accesos a Abelendo e o camiño da Barreira a Guiende

29 Outubro 2021

O Concello de Lousame vén de investir 30.000 euros na mellora dos accesos ao núcleo de Abelendo e no pavimentado do camiño da Barreira a Guiende (na parroquia de Tállara). As obras son executadas pola empresa Excavaciones Yoni Tuñas SL ao abeiro do Plan Único de Concellos POS+ 2021.

As obras consistiron na mellora dos accesos a Abelendo dende a DP-1105 Boiro-Noia, onde foron reparadas as fochancas e melloráronse dous treitos con aglomerado en quente, con 75 metros cadrados de sobreanchos. Así mesmo, pavimentáronse outros dous treitos no interior da localidade, previa demolición do chan existente.

A maiores, pavimentouse con triplo tratamento asfáltico un camiño de 350 metros que une as localidades da Barreira e Guiende, onde se executou un abanico de 15×5 metros. Así mesmo, o Concello de Lousame está a executar nestes días outra actuación máis na aldea de Guiende, onde se comezou coa demolición do pavimento existente en tres treitos da aldea e onde se procederá ao seu pavimentado con cinco centímetros de saburra (zahorra) e doce de formigón nunha superficie de 1.035 metros cadrados. Unha obra orzamentada en máis de 20.000 euros e que está sendo executada pola empresa Construcciones y Obras Andújar SL.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.