O escritor rianxeiro Adrián Gómez Ramos presentará Cando sangren os lobos na súa vila

27 Outubro 2021

O vindeiro 5 de novembro vaise presentar en Rianxo a novela Cando sangren os lobos (Xerais), do rianxeiro Adrián Gómez Ramos,gañadora do I Premio Xuventude Crea de Novela Curta. Será ás 20.30 horas no salón de actos do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Acompañarán ao autor Ramón Domínguez Veiga (editor), Cristina Pichel Toimil (directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado), e máis o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños Sánchez.

Para asistir é necesario realizar a reserva previa en concelloderianxo.gal/reservas A reserva será efectiva cando se confirme dende o auditorio.

Argumento

Hai un asasino solto polas rúas de Compostela e só dous irmáns distanciados tras a morte dos seus pais coñecen os segredos necesarios para detelo. Fernán e Xandre Malvís terán que superar as barreiras autoimpostas entre eles e aprender a confiar o un no outro mentres se enfrontan a un criminal que supera totalmente o raciocinio. Lobishomes, meigas e segredos de antigas familias crean un entramado que, de non ser resolto, porá en perigo as vidas de todos os habitantes da cidade. O tempo corre ata a seguinte lúa chea; cada nova noite pode supoñer unha vítima máis e, un só erro, a perda de todo aquilo que os irmáns consideran digno de protección.

O autor

Adrián Gómez Ramos (Rianxo, 1994) introdúcese no mundo da literatura profesional grazas ao certame Xuventude Crea, no que gañou o primeiro premio na modalidade de Novela Curta coa obra que se presenta na súa localidade o 5 de novembro, Cando sangren os lobos (Xerais, 2021).

Dende sempre, mostrou grande interese polas artes, pois formou parte do grupo de teatro Criaturas da súa localidade, e polos idiomas, xa que colaborou co equipo de Normalización Lingüística no instituto e obtivo títulos de inglés da academia Cambridge English.

Foi precisamente na narrativa onde puido unir o seu amor pola arte, os idiomas e o mundo sobrenatural das lendas galegas.

Actualmente compaxina a escrita cos seus estudos superiores de Informática.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...