“Violencia contra as mulleres”. José Manuel Pena

25 Outubro 2021

Parece incrible. Nos últimos 50 anos morreron máis mulleres por cuestións do seu sexo que homes en todas as batallas do século XX. 40 millóns de nenas e mulleres so abusadas e violadas cada ano no mundo. Que nos está pasando?.
As mulleres, en pleno século XXI, aínda teñen que demostrar a súa valía, mentres que aos homes presupónselles. Máis mulleres morren a mans das súas parellas ou os seus maridos, a pesar de presentar denuncias por malos tratos ou violencia machista.
Certo é que a sociedade avanza e evoluciona moi lentamente pero hai cuestións que deberían atallarse de raíz. A violencia de xénero é unha delas e todos somos responsables.
As diferentes administracións públicas non se cansan de suxerir ás mulleres que non deixen de denunciar por medo e que pensen que a xustiza estará do seu parte. O problema é que, moitas mulleres, seguen vivindo con medo, desprotexidas pola propia familia e as súas máis achegados, mentres os seus verdugos seguen facendo vida normal e presumindo dos seus actos violentos.
Achégase a conmemoración do Día Internacional de Loita contra a violencia da muller, o 25 de novembro, por iso
temos que ser conscientes de que a violencia contra as mulleres é un obstáculo para a igualdade, o desenvolvemento, o feminismo e a paz dos pobos impedindo que estas gocen dos seus dereitos básicos e liberdades fundamentais.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.