O Rotogal Boiro Voleibol espreme ao Teruel

24 Outubro 2021


O Rotogal Boiro Voleibol demostrou esta tarde que será un óso moi duro de roer esta tempada, e máis na fortaleza da Cachada. Os de Marcelo Benavídez espremeron ao Teruel, que necesitou sacar a súa mellor versión no quinto set para facerse co triunfo por 2-3. Os locais tutearon a un rival que é un dos aspirantes ao título da Superliga e que
tivo en Andrés Villena ao seu principal expoñente ofensivo con 30 puntos.
O Rotogal Boiro Voleibol iniciou o encontro cun xogo de moi alto nivel. Tanto é así que, grazas ás prestacións na recepción e no ataque, puxeron contra as cordas ao Teruel e alcanzaron o tramo final do primeiro set cunha vantaxe de 24-22. Con todo, os locais non foron capaces de pechar o parcial e, tras encaixar un 0-4, viron como se esfumaba a opción de tomar a dianteira.
No segundo set, o Rotogal Boiro Voleibol pagou o castigo sufrido no tramo final do primeiro e non puido manter o nivel #ante un Teruel que encarrilou o choque (21-25). Con todo, o escenario cambiou na terceira manga. Os aragoneses desaproveitaron dúas bólas de partido e os locais, cunhas excelentes prestacións no bloqueo-defensa, agarráronse ao partido (29-27).
O Rotogal Boiro Voleibol empregouse con comodidade no cuarto set, no que foi superior ao conxunto visitante (25-20). Todo quedou abocado a un decisivo quinto parcial. No tramo definitivo, o Teruel minimizou erros e elevou o acerto no saque, mentres que os locais precipitáronse nalgunhas accións crave e viron como a posibilidade de dar a badalada na fortaleza A Cachada se esfumaba (10-15).

Rotogal Boiro Voleibol, 2: Gaby del Carmen, Mario Iglesias,José Carlos Romero, Felipe Benavídez,
Renan Levandoski, Gaspar Bitar e Adrián Alves (líbero). Tamén xogaron Pablo Nieto, Cristóbal
Álvarez, Alan Davila e Iván Souto.
Voleibol Teruel, 3: Joaquín Monteagudo, Jukoski, Greg Petty, Pablo Bugallo, Andrés Villena,
Mariano Vildosola e Aarón Gámiz (líbero). Tamén xogaron Jovanovic, Dimitrov y Kobzev.
Sets: 0-1 (24-26), 0-2 (21-25), 1-2 (29-27), 2-2 (25-20) e 2-3 (10-15).
Árbitro: Alberto Robles e Jesús Antonio Soria.
Incidencias: Partido disputado en A Cachada ante uns 300 espectadores.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.