O PSdeG-PSOE ribeirense solicita un proxecto dunha rede de saneamento no lugar de Canaveiro

18 Setembro 2019

20190918. O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Ribeira levará a pleno unha proposición para dotar ao núcleo de Canaveiro, na parroquia de Oleiros, do servizo de desaugue, do cal carece actualmente segundo indica a formación.

Os socialistas afirman que ese lugar non dispón dunha rede de saneamento que poda recoller as augas negras xeradas, ocasionando que seis vivendas do entorno “non desfrutan do pertinente desaugue de augas fecais.”

O partido tamén precisa que a rede de saneamento a realizar neste treito, e debido á orografía do paraxe, “funcionaría por gravidade, xa que a pendente pode estar nuns 20 metros de desnivel, o que facilitaría a execución da obra e a circulación das augas residuais, ata o entronque coa rede de saneamento urbán.”

Por todo isto, requiren que os servizos técnicos municipais procedan a elaborar un proxecto de instalación dunha rede de saneamento que abrangue, nunha lonxitude de 300 metros lineais, o Camiño Veciñal 9021, desde o enlace coa AC-302 ata as Pistas Deportivas do Canaveiro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.