‘Cartoóns’ recala na Pobra ofrecendo un espectáculo para tódalas idades

18 Setembro 2019

20190918. O pobrense teatro Elma acollerá o sábado 21, ás 18.30 horas, o espectáculo Cartoóns. Tal e como xa anunciáramos, é un proxecto de Producións Excéntricas, en coprodución co Teatro de Adro. Esta proposta está protagonizada por Víctor Mosqueira e Josito Porto coas colaboracións de Kukas -na escenografía e no deseño gráfico-, Quico Cadaval -na dirección- e Pepe Quintela -na iluminación-. Trátase dun espectáculo de estilo clown e musical, cunha duración de 60 minutos, entrada de balde e dirixido a cativos con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos, así como ao público familiar.

Esta cita está organizada pola Concellería de Cultura da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.