A Xunta propón aumentar os recursos do servizo municipal de emerxencias de Noia para equiparalo ao dos GES

19 Outubro 2021

A Xunta proporá na Comisión de Seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES) aumentar o financiamento dos 4 servizos municipais de emerxencias en Galicia, isto é, o de Noia creado este ano, xunto cos de Ponteareas e Sanxenxo na provincia de Pontevedra e o de Terras de Celanova, en Ourense para equiparalos aos dos GES.
Na reunión de mañá da comisión, na que tamén están representadas as deputacións provinciais e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), a Xunta tamén planteará aumentar o persoal para que tódolos GES teñan 12 efectivos, o que suporía contar con 48 persoas máis para distribuír entre os grupos que no seu momento foron
concibidos como SubGES con 6,9 ou 10 membros.
Esta medida aplicaríase nos GES de Mos/Redondela, Lalín e A Estrada en Pontevedra; nos de Lobios, Muíños, Laza, Ribadavia, e Avión, en Ourense; e nos de Quiroga e Folgoso do Courel en Lugo, polo que en total os novos efectivos na comunidade serían 48 equivalentes a 4 GES completos.
Por outra parte, prevese actualizar os custos salariais dos efectivos co obxectivo de adaptalos ao custo real dos GES na actualidade, tendo en conta o aumento desde que asinou o primeiro convenio entre a Xunta, as deputacións e os concellos en 2013.
Deste xeito, tendo en conta que a Xunta financia máis da metade do custo dos GES e dos servizos municipais de emerxencias, estas cuestións suporán un incremento de máis de 1,5 millóns de euros anuais na aportación por parte do Goberno galego que podería financiarse a través do Fondo de Cooperación Local (FCL) aumentando a partida dedicada aos servizos de emerxencia.
Por tanto, o incremento económico total sería de 2,9 millóns de euros, dos que a Xunta asumiría 1,5 millóns, mentres que entre as catro deputacións terían que destinar 1,1 millóns- 0 40%- e entre os concellos sede 220.875 por ano, 0 7,5% restante Con esta proposta da Xunta, pasaríase a 35 GES e 4 servizos municipais actuais, é dicir,  39 GES en total, aos que se engadiría medio GES no Grove. Os GES estarían conformados por un total de 474 efectivos, dando cobertura a 189 concellos e complementando a atención a emerxencias prestada polos consorcios de extinción de
incendios e salvamento, tamén cofinanciados polo Goberno galego.

A Xunta reafirma así o seu compromiso para colaborar no mantemento dos GES postos en marcha en 2013 en consenso coas deputacións e concellos. Deste xeito, a Administración autonómica destinou nos últimos anos 7 millóns de euros en material cedido aos concellos sede destes grupos, aos que se suman outros 40 millóns de euros para financiar máis da metade do seu custo de mantemento.

Outros artigos

COGAMI impulsa unha campaña para captar talento de xente nova

A campaña tamén chegou ao Centro Social de Boiro A confederación inclusiva COGAMI que preside o sonense Anxo Queiruga lanzou unha campaña de sensibilización e captación de talento de mozas e mozos para dar a coñecer o Servizo de Emprego entre a xente nova con...

+

Noia homenaxea este domingo a Sebastián Paz Suárez

O Concello e veciñanza de Noia van homenaxear este domingo ao profesor e escritor Sebastián Paz Suárez (Noia, 1943), neto do compositor Felipe Paz Carvajal e comprometido coa recuperación e reivindicación da historia do seu avó, destacado autor musical, director de...

+

O conto da toupiña da Xanela de Maxín chega este domingo a Noia

Este domingo temos unha cita co teatro familiar no Teatro Coliseo Noela, en Noia. A compañía A Xanela do Maxín trae ao Noela a obra A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, unha divertida historia para a rapazada protagonizada por unha pequena...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.