No Son, o Concello convoca un curso de inglés para o sector hostaleiro

15 Outubro 2021

O Concello de Porto do Son quere reforzar a recuperación e a competitividade do sector hostaleiro tralo revés da pandemia e desta vontade xorde o Curso de Inglés para Hostalería, unha actividade formativa de dez horas de duración que se vai celebrar de balde entre os días 25 e 29 de outubro, no Viveiro de Empresas Municipal.

As clases desenvolveranse en horario de 10.00 a 12.00 horas. Para podermos participar na actividade, cómpre presentar unha solicitude á conta de correo jose.pazo@portodoson.gal entre os días 14 e 20 de outubro. As prazas serán asignadas por sorteo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.