Incendio na Ribeiriña nas vellas instalacións de HADASA

14 Outubro 2021

Desde pouco despois das once da mañá declarouse un incendio nas antigas instalacións de Hadasa na Ribeiriña na Pobra do Caramiñal.

O incendio afecta ás ruinas da fábrica pechada hai xa preto de dúas décadas. O lugar do incendio desprazaronse efectivos dos bombeiros do parque comarcal de Ribeira, protección civil e policia local.

A Policía Local indica que o incendio é de gran calado. O lume parece que acabará de esnaquizar o que quedaba da factoría.

A fábrica de fariñas de peixe da Ribeiriña, funcionou sendo foco das protestas dos veciños da zona, que se queixaban do fedor procedente das instalacións.A principios do século vinteun tiveron lugar múltiples reunións que mantiveron veciños, empresa e Concello. O problema concluíu co peche da factoría.

Lume na vella fábrica de HADASA na Ribeiriña na Pobra. Lumes Grupo Barbanza

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.