“Mariñeiros: formación, conciliación e salarios. Máis nada”. Antón Luaces

10 Outubro 2021

Para moitos mariñeiros -non sei se a maioría deles- a inexistenza de remuda nas tripulacións dos barcos de pesca en España, máis significadamente en Galicia, é unha evidencia. Pero tamén aportan solucións a un problema que, recoñecen, existe: para a súa formación e capacitación profesional, o aspirante a mariñeiro debe realizar cursos que, en moitos casos, semellan ser innecesarios coa excepción do de supervivencia. Esa formación, AFIRMAN MOITOS DOS MARIÑEIROS CONSULTADOS, só se pode adquirir a bordo dun barco, é dicir: pescando. Formación que, dito sexa de paso,  han pagarse do seu peto cando noutras especialidades os estudos destas resultan gratuitos para os aspirantes.  Unha vez capacitado pola súa formación teórico.práctica -que é a que verdeiramente se recoñece en, por exemplo, os países nórdicos- o futuro mariñeiro debe contar coas condicións mínimas necesarias para o desenvolvemento do seu labor a bordo, cunha habilitación axeitada -o que non significa un luxo- e dispor dun horario de traballo que lle facilite a conciliación familiar. E logrado todo isto, este mariñeiro en formación debe ter un horizonte temporal mínimo de exercicio para acceder a un salario digno que lle compense de todas as horas de traballo -moitas veces de non menos de 15 diarias- que bota no barco.  Se esto fora asumido por todas as partes (armadores, tripulantes, organizacións profesionais, sindicatos, confrarías de pescadores, administracións, etc.) outro galo lle cantaría ao sector pesqueiro galego e español, afirman cualificadas voces do sector.Velaí o que pensan algúns: 

“Hai que pagar máis e cumprir os horarios. O tempo dos escravos rematou”. Dito por T. González. “Sen esforzo non haberá futuro. Imiten aos nosos pais e avós, que traballaron coma escravos para manter aos señoritos da súa época”. María Luisa L. G. “Se agora é duro non che digo 40 anos atrás, sen ver á familia durante doce ou trece meses e un mes en casa e case que todo o traballo a man e agora case todo ese traballo está automatizado”. “Todos queren ser funcionarios ou políticos. Por algo será. Julio B.C.”Eu teño a solución a ese problema: un salario digno, axeitado ás duras condicións de traballo, e que estas sexan xustas. Kepa SW.”Que faciliten as cousas. Un xove necesita case que unha carreira para embarcar, máis dun ano de cursiños e pagando estes do seu peto. Non sendo o de supervivencia, os outros no valen para nada porque a pesca teñen que ir aprendéndoa a bordo. E para a mercante xa non che digo nada”. M.C. Calo.”As novas xeracións non están para loitar contra tanta barreira e gañando pouco”. Nieves M.A Unión Europea e a Xunta poñen moitos atrancos para poder favorecer o mar. Todos son papeis e gastos e pouca cota de peixe. Non hai maneira de manter así un barco de pesca, nin empresas que aguanten tantas inspeccións e papeleo, e dempois, todo o que entra aquí de fóra: cun albarán é dabondo. N. M.”Haber hai saídas. Pero compre soltar o euro e non traballar coma escravos”. José Manuel M.”Por que será que ninguén quer ir ao mar?”. Diego P. P.

Deste teor son a maioría dos centos de opinións expresadas en redes sociais estes últimos días, convertidas moitas veces en denuncias polos baixos -mínimos- salarios percibidos por mariñeiros non galegos nen españois aos que as empresas pesqueiras recorren disque “forzadas” pola negativa dos nacionais a cubrir as baixas que, en moitos casos, afirman, se producen e que obrigan a que os barcos permanezan amarrados e cos conseguintes prexuizos para as empresas porque, en caso de amarre, os armadores destes buques han pagar igualmente seguros e taxas portuarias.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.