A Policía Nacional confirma a detención de tres mozos de Ribeira pola malleira a outro rapaz, o 26 de setembro en Bandourrío

01 Outubro 2021

A Policía Nacional de Ribeira, en relación á malleira acontecida a fin de semana pasada no barrio de Bandourrío, da que informamos en O Barbanza, vén de confirmar a detención de tres individuos “por un delito de lesións”. Trátase de tres varóns con idades comprendidas entre os 19 e os 21 anos, veciños de Ribeira.

A Policía Nacional levou a cabo estes días “unha laboriosa e ardua investigación” que rematou, finalmente, coa detención dos ditos mozos, presuntos autores, o pasado día 26 de setembro do presente ano, de agredir de madrugada a outro mozo na zona de lecer do barrio de Bandorrio, causándolle lesións de especial consideración polas que tivo que ser asistido de urxencia no Hospital Universitario de Santiago de Compostela.

Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, os detidos ponse a disposición do Xulgado de Instrución número Uno de Ribeira, en funcións de garda.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.