A mostra de AGADEA Retratando en Prata recala en Ribeira o 6 de outubro

01 Outubro 2021

A Casa do Concello de Ribeira vai acoller a partir do 6 de outubro a mostra itinerante da Asociación AGADEA, Retratando en Prata. A inauguración está prevista para a dita xornada ás 13.30 horas, no Consistorio de Ribeira.

Esta exposición, que xa pasou por Santiago de Compostela e Vedra, consta de 35 retratos de usuarios e coidadores profesionais desta asociación, 22 deles pertencen a residentes do Centro de Día de Alzhéimer de Ribeira. Segundo informa o Concello, Retratando en Prata nace dun colectivo de artistas de distintas zonas de España que realizan de xeito altruísta retratos das persoas máis afectadas pola pandemia. A obra poderá visitarse desde o día 6 de outubro ata o 19 de novembro.

Unha vez rematado o percorrido desta exposición itinerante, que tras pasar por Ribeira, chegará a Estrada, as persoas retratadas recibirán como regalo as obras orixinais por desexo dos autores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.