Adxudicación provisional para a pavimentación dun camiño en Canaveiro, en Oleiros

16 Setembro 2019

20190916. A adxudicación provisional dunha nova actuación permitirá a mellora do firme dun camiño no lugar do Canaveiro, situado na parroquia ribeirense de Oleiros.

A empresa que resultou mellor clasificada das 14 ofertas presentadas foi Construcciones Ponciano Nieto, S.L., cun investimento de 34.711 euros e o seu prazo de execución é dun mes e medio.

A vía obxecto deste proxecto rexistra hoxe en día un pavimento de aglomerado asfáltico “bastante deteriorado debido, en boa parte, a que as raíces das árbores próximas invaden a calzada e producen abultamentos na mesma.” O obxectivo que se persegue con esta obra reside en mellorar este firme coa aplicación dunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente, ademais de ampliar o ancho nalgúns tramos.

Previamente á nova pavimentación, serán limpadas as marxes e se destoconará o terreo para evitar que as raíces volvan a deteriorar o pavimento.

A actuación está financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.