Esta finde celĂ©brase o primeiro torneo de fĂștbol base organizado polo Concello, o Celta e o Club Cidade de Ribeira

30 Setembro 2021

Esta fin de semana organĂ­zase en Ribeira, no Complexo Deportivo da Fieiteira, o primeiro torneo de fĂștbol 8 organizado polo Concello, a FundaciĂłn Celta de Vigo e o Club de FĂștbol Cidade de Ribeira. Nel participarĂĄn un total de oito equipos de fĂștbol base da canteira de Galicia. O sĂĄbado serĂĄ a queda da categorĂ­a de benxamĂ­ns e, o domingo, da de alevĂ­ns.

Os partidos darĂĄn comezo ĂĄs 10.30 coa fase de grupos, as semifinais xogaranse a partir das 16.30, a loita polo 3Âș e 4Âș posto serĂĄ ĂĄs 17:30 e as finais ĂĄs 18.00. TĂłdolos equipos xogarĂĄn un total de cinco partidos.

Na presentaciĂłn da competiciĂłn, celebrada na mañå deste 30 de setembro, a primeira tenente alcalde, MarĂ­a Sampedro, salientou “a aposta do Concello polo deporte, especialmente polo base, como xeito de que os rapaces compitan e aprendan valores”.

Pola sĂșa banda, o edil de Deportes, Javier Sampedro manifestou o seu desexo de que se unan mĂĄis clubs en vindeiras ediciĂłns.

Desde o C.F. Cidade De Ribeira agardan que este evento, xunto co Torneo Copa SĂĄlvora, se consolide como unha competiciĂłn de referencia na comarca, segundo afirmou o seu vicepresidente RamĂłn MartĂ­nez.

Os partidos constarån dun tempo de 25 minutos agås as finais, que durarån 30. Tódolos equipos participantes recibirån un agasallo e haberå un trofeo para cada equipo gañador. A competición disputarase seguindo cos protocolos de prevención de COVID. Os partidos xogaranse no campo de céspede natural do Complexo Deportivo Municipal da Fieiteira. En caso de climatoloxía adversa pasaranse ó campo sintético anexo.

Equipos:

GRUPO A 

  • Real Club Deportivo de La Coruña 
  • C.D. Conxo Santiago 
  • E.D. Val Miñor 
  • S.D. XuventĂș Aguiño 

GRUPO B

  • Real Club Celta de Vigo
  • BertamirĂĄns F.C. 
  • E.D. Xuventude Oroso 
  • Cidade de Ribeira C.F 

Outros artigos

O Concello de Ribeira adxudica a renovaciĂłn da Praza dos Estudantes

O Concello de Ribeira vĂ©n de adxudicar a renovaciĂłn da praza dos Estudantes de Ribeira cun orzamento de 82.227,20 euros un prazo de execuciĂłn de 6 meses. Segundo lembraron fontes do Consistorio, a praza dos Estudantes atĂłpase moi deteriorada: “Ademais de presentar un...

+

Incendio nunha nave na parroquia de Aguiño (Ribeira)

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, en colaboración cos compañeiros do parque de Boiro, asistiron a primeira hora da tarde deste luns 6 de maio a un incendio nunha nave no polígono de Couso en Aguiño, no concello de Ribeira. O lume orixinouse en...

+


Publicidade

ï‡Ș

Revista en papel



OpiniĂłn

“El dĂ­a que yo me muera”. Manuel Dominguez

“El dĂ­a que yo me muera”. Manuel Dominguez

El dĂ­a que yo me muera me marcharĂ© sin marchar, si tĂș quieres. Plante ese naranjo, hace años, muchos años, pensando en ti, ahora son tus naranjas, que yo cuide con esmero. El manzano, donde un dĂ­a yo juguĂ© hoy juegas con tu hijo, mi nieto, recuĂ©rdale que un dĂ­a tu...