O Noia recibe ao ponteareas na cuarta xornada da Terceira Federación

30 Setembro 2021

P.P.- Facerse forte no Julio Mato, esa é o principal obxectivo deste Noia que loitará por quedarse un ano máis na Terceira División. De momento, tres xornadas, 4 puntos, un bo balance, pero con sabor amargo logo de saír derrotados diante da súa xente na segunda xornada fronte ao Fabril por 0-3.

Agora buscarán deixar os tres puntos na casa fronte ao Xuvenil Ponteareas, un rival que non coñece a derrota e marcha cuarto na clasificación. Os de Iván Carril veñen de empatar a pasada xornada contra o Sofán no Carral, nun partido moi disputado que puido caer para calquera dos dous lados.

O Ponteareas pola súa parte gañou ao Vilalbés por 2 goles a 0. Os noieses tentarán multiplicar as súas opcións a través do dominio de balón e o Ponteareas, aínda que tamén pode ter o balón, caracterízase polas rápidas transicións en ataque.

O primeiro triunfo como locais pasa polo Julio Mato o domingo a partir das 18:00. Espérase unha moi boa entrada no estadio por parte dos afeccionados do FC Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.