O PSOE de Noia pedirá recuperar cursos de natación na piscina municipal

29 Setembro 2021

O Grupo Municipal Socialista solicitará por escrito no Pleno, que se celebra este Xoves 30 de Setembro, que se recuperen os cursos de natación na piscina municipal.
O Grupo Municipal do PSOE de Noia considera que ca incidencia actual da Covid-19 na vila de Noia, como no conxunto da comarca, é o momento axeitado para recuperar os cursos de natación para adultos e cativos na piscina municipal.
Roberto Iglesias indicou que ” é unha actividade pola que están agardando moitos usuarios da piscina, así como numerosas familias que viron como a pandemia frenou a progresión dos menores que asistían aos diversos cursos de iniciación e perfeccionamento. Neste momento, sempre que se cumpran as medidas de seguridade, é algo que se pode retomar aínda que sexa con quendas con menos aforo do habitual, como están a facer noutros Concellos.”
Os socialistas consideran que a natación é unha actividade moi beneficiosa para a saúde e, como se está a facer no ámbito privado, dende a administración local débese ir recuperando progresivamente a normalidade na piscina, como así se está a facer noutras áreas.
Agardan que ao largo do mes de Outubro xa se podan ofertar os cursos logo de que se tomen as medidas necesarias que dende o goberno municipal, e os responsables da piscina municipal, consideren necesarias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

Galicia para ser un país de emigrantes aprendeu moi pouco sobre o tratamento laboral cara aos novos inmigrantes que chega en busca de novas oportunidades. Lembrar, cando algún galego marchábase para Suíza, EE.UU, Arxentina, Canadá, Alemaña ou Gran Bretaña. Os peores...

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...