Cultura de Noia retoma o obradoiro municipal de teatro

28 Setembro 2021

Logo da interrupción motivada pola pandemia, a Concellería de Cultura de Noia que dirixe José Pérez retoma neste comezo do outono a actividade do obradoiro municipal de teatro. Con Iria Acevedo como profesora, as clases volverán o 2 de novembro, estando aberto o prazo de inscrición até o 11 de outubro no rexistro do Concello (debendo levar a ficha cumprimentada que poderemos descargar en liña).

Será un obradoiro para todas as idades, e de feito achegaranse tres modalidades: unha categoría infantil, unha segunda xuvenil e outra para adultos. “Co teatro”, sinalou o concelleiro de Cultura, “queremos capacitar e motivar ao alumnado para a participación dentro da comunidade e fomentar o desenvolvemento global das persoas na súa formación intelectual e no crecemento afectivo e social”.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.