Setembro remata en Rianxo cun contacontos na Biblioteca Municipal para a rapazada

27 Setembro 2021

A recta final de setembro en Rianxo será un fervedoiro de actividades culturais. Este 30 de setembro, sen ir máis lonxe, celebrarase a primeira cita actual do ciclo Xoves da Biblioteca, na Biblioteca Municipal, e farao da man de Pablísimo (Pablo Sánchez) e o seu contacontos O arquivo do Chivo, un espectáculo para crianzas de máis de 4 anos anos.

As entradas son gratuítas, previa reserva de localidades no correo biblioteca@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 667 185 581 ata as 20.00 horas do mércores 29 de setembro.

A reserva será efectiva cando se confirme dende a Biblioteca Bunicipal de Rianxo.

Segundo detalla a produtora Urdime, O Arquivo do Chibo é unha fabulación libre arredor do conto clásico de Os 7 cabuxos e o lobo. A través desta revisitación, atoparemos cantigas de lobos esfameados, fábulas de carneiros teimudos e a historia de sete cabuxiños desobedientes.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.