A Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira impartirá cinco cursos de formación marítima e de mergullo

16 Setembro 2019

20190916. A Consellería do Mar oferta ata finais deste ano máis de corenta cursos de formación marítima e de mergullo a través dos seus centros de ensino, que son a Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira, a de Ferrol, o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGaFA) e o Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo. Desde esta área da Xunta sinalan que esta formación “realízase atendendo ás necesidades do sector e a través dela poderán formarse ao redor de 650 persoas.”

Dos corenta e catro cursos que se ofertan ata finais de ano, once son de mariñeiro pescador, seis de patrón costeiro polivalente e un de capitán de pesca. Tamén hai tres de percebeiro, sete de mariscador, un de mergullo, seis relacionados cos primeiros auxilios no mergullo e actualizacións nesta materia, dous de habilidades sociais e comunicación, un de emprendemento para a creación dunha empresa e outros tres serán dalgunha destas dúas últimas materias en función das matrículas presentadas.

Para estes cursos a matrícula está aberta ata completar a oferta e as persoas interesadas poderán consultar en cada un dos centros a dispoñibilidade de prazas. Outros cursos que se ofertan son tres de mariñeiro pescador na modalidade online, para os que a matrícula xa está pechada.

En canto ao resto do curso, xa o ano que vén, a Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira prevé unha oferta de quince cursos, entre eles de mariscador, mariñeiro pescador presencial e online, habilidades sociais e da comunicación, formación sanitaria e emprendemento, entre outros.

Mentres, o IGaFA e a EONP de Ferrol irán programando este tipo de formación do ano que vén segundo avance o curso. Esta formación súmase á que se imparte en distintos portos do litoral de Galicia e á formación regrada dos centros dependentes da Consellería do Mar. 

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.