A rianxeira Aida Saco achegará un recital de piano o día 8 no Auditorio da súa vila

24 Setembro 2021

O Concello de Rianxo informou da volta do Programa de Música de Cámara 2021, un retorno que se materializa o vindeiro 8 de outubro cun concerto a cargo da pianista local Aida Saco, no que interpretará obras de Listz ou Maurice Ravel, entre outros autores. O concerto, abeirado tamén ao Ciclo de Novos Intérpretes, será o vindeiro venres 8 de outubro, no Auditorio de Rianxo, ás 20.30 horas. Será preciso, como de costume, reserva localidades no enderezo web municipal, na sección de reservas (antes das 14.00 horas do mércores 6 de outubro).

Compositora e pianista concertista formada cos prestixiosos pianistas Josep Colom e Tensy Krismant no Conservatori del Liceu, Maurizio Moretti na Schola Cantorum de París e Bart van de Roer en Codarts-Rotterdam, a pianista rianxeira Aida Saco ten no seu haber, malia a súa xuventude, importantes recoñecementos, como a Bolsa de Estudos Artísticos 2020 da Deputación de A Coruña, a Bolsa de Excelencia 2021 da Fundación Ferret-Salat, o premio Leonid Sintsev 2019, o primeiro premio do IV Premi Ciutat de Mataró, o primeiro premio da VII Rome International Music Competition, o primeiro premio e o premio especial na 1st European Online Piano Competition Salentinae Terrae 2021, o premio do público e o segundo premio no certame III Ciutat de Mataró ou o segundo premio no 10° Concorso Internazionale Città di Massa, entre outros.

Amais, a súa obra compositiva foi finalista nos V Premios Martín Códax da Música e semifinalista nos premios MIN 2020.

Aida Saco nunha imaxe de Compostela Sound

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.