A ría de Muros-Noia seguirá pechada ao marisqueo pola toxina e atrasa a campaña ata, polo menos, o luns

22 Setembro 2021

A ría de Muros-Noia (zonas II e III) manterase pechada á extracción de moluscos tras as últimas análises publicadas este mércores polo Instituto Tecnolóxico para ou Control do Medio Mariño ( Intecmar) nos que se detectan presenza de toxina.
A campaña de ameixa e berberecho ía comezar este luns, 20 de setembro, pero a marea vermella impídeo por agora. A próxima analítica farase o venres, polo que os resultados non se coñecerán ata o sábado, de maneira que, como mínimo, ata o luns non poderán saír a faenar no mellor dos casos polo que máis de 1.300 produtores seguirán sen poder traballar nos bancos marisqueiros da ría.

Por outra banda a maioría dos polígonos de mexillón de Galicia mantéñense clausurados por este episodio de marea vermella. Este mércores pechouse tamén á extracción a zona Grove A, na ría de Arousa, pola presenza de toxina lipofílica se ben reabreuse á extracción a zona de Redondela C, na ría de Vigo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.