Cartóons, de Excéntricas, fai unha parada na Pobra o 21 de setembro

13 Setembro 2019

20190913 Cartóons, o espectáculo infantil de Producións Excéntricas, a produtora na que milita o ribeirense Quico Cadaval, vai facer unha recalada na Pobra do Caramiñal o día 21 de setembro. Cartóons, que xa pasou por Rianxo o pasado 13 de abril, é un achegamento divertido a cuestións moi serias protagonizado por Víctor Mosqueira e Josito Porto, que interpretan dous persoeiros “abandonados nas marxes” e obrigados, polas tristes circunstancias a comezar dende cero: as rutinas, os xeitos de facer as cousas, a maneira de beber unha cunca, o smoking que elixir para acudir a unha gala, cousas así de todos os días. “Isto pode parecer un drama pero non o é”, sinalan, entre outras cousas porque a historia non a relata nin un circunspecto xornalista de investigación, senón dous clowns coa ollada inocente dos pallasos e os debuxos animados (de aí o de “cartoons”).

O espectáculo é unha creación clown e musical de Víctor Mosqueira e Josito Porto, que botan man, para facer empurrar a súa singular proposta para nenas e nenos de entre 4 e 12 anos, de algúns vellos coñecidos colaboradores, como o devandito Quico Cadaval, Kukas e Ana Triñanes. Forma parte da celebración do 15º Aniversario de Excéntricas (2004-2019), supón o primeiro espectáculo da compañía para público infantil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.