En Boiro aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais para o curso 2021-2022

15 Setembro 2021

O Concello de Boiro hoxe o prazo para inscribirse nas actividades das Escolas Deportivas Municipais que se organizan dende o Departamento de Deportes e chegan este ano á súa XXIX edición. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, e o técnico do departamento, Manuel González, falaron máis polo miúdo das actividades que se ofertan.
As Escolas Deportivas Municipais do Concello de Boiro engloban programas deportivos para persoas adultas e tamén infantís e xuvenís, así como competicións deportivas en distintas modalidades. Entre as actividades para infantil e xuvenil están tenis, ciclismo, atletismo, voleibol, xadrez, remo, piragüismo, vela, golf, patinaxe, baloncesto, natación ou tríatlon.
A oferta de actividades para persoas adultas inclúe ximnasia para persoas xubiladas, bailes de salón, tenis ou o proxecto Boiro Actívate. Ademais das actividades propias das escolas, o Concello de Boiro colabora na organización de competicións deportivas durante a tempada como son ligas de fútbol nas distintas categorías, minibasket, voleibol, ciclismo, tenis, bolos tradicionais, entre outras.
A celebración das actividades está suxeita ás restricións específicas en materia de sanidade decretadas polas autoridades sanitarias como consecuencia da situación epidemiolóxica. Toda a información sobre as Escolas Deportivas Municipais de xeito presencial no Departamento de Deportes, situado na Casa da Cultura de Boiro, a través o teléfono 981 84 84 25 ou o enderezo electrónico deportes@boiro.org.O Concello de Boiro, para a celebración destas actividades, recibe unha subvención da Deputación da Coruña para o mantemento de persoal técnico nos servizos municipais de deporte para a dinamización deportiva no termo municipal e garantir o desenvolvemento de programas de carácter estable nos concellos. Mediante esta aportación económica provincial o Concello e Boiro pode levar a cabo, cada ano, programas deportivos como son a XXIX edición das Escolas Deportivas Municipais.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.