Convocadas as axudas do Concello de Ribeira para os club deportivos locais

14 Setembro 2021

O Concello de Ribeira vén de convocar as axudas dirixidas aos clubs do municipio para a promoción das súas actividades deportivas durante o exercicio 2021. Os detalles da iniciativa poden ser consultados no Boletín Oficial da Provincia da Coruña deste 14 de setembro.

Nel fai saber que son son destinatarios destas subvencións os clubs que reúnan as seguintes condicións:

• Ter o seu domicilio social, ou sede, no Concello de Ribeira.

• Estar rexistrados no Rexistro Municipal de Clubs, e cun mínimo dun ano de participación en actividade deportiva federada.

• Contar cun número mínimo de vinte socios.

• Non estar incursos en ningún caso de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.

• Estar ao corrente das súas obrigacións coa Axencia Tributaria, Seguridade Social e Concello de Ribeira.

• Non ter pendente de xustificación ningunha axuda anterior do Concello, a non ser que se lle concedese unha prórroga.

O Concello de Ribeira dispón dunha partida orzamentaria de 90.000 euros para sufragar estas subvencións, cuxo prazo de presentación de solicitudes é dun mes contado a partir deste mércores 15 de setembro.

As solicitudes presentaranse de forma telemática na sede electrónica do Concello de Ribeira. O prazo de xustificación será do 1 ao 31 de xaneiro de 2022 .

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...