En Rianxo dispositivo de seguridade por actividades culturais “Festas da Guadalupe 2021”

09 Setembro 2021

Do 10 ao 17 de setembro de 2021 coincidindo coas datas nas que se deberían celebrar as Festas da Guadalupe de Rianxo, e tendo en conta a programación cultural que hai prevista, estableceremos un dispositivo especial xunto coa Garda Civil de Rianxo, reforzando as patrullas en todas as quendas de servizo, e facendo especial incidencia na vixilancia e control da normativa sanitaria ante a covid19, da seguridade cidadá e da seguridade viaria:

Uso obrigatorio da máscara: excepto no exterior sempre que se garde a distancia mínima de seguridade de 1,5 metros entre persoas non conviventes.

Botellón: está totalmente prohibido o consumo de alcohol na vía pública.

Reunión de persoas:
– Máximo 6 persoas en interior e 10 no exterior, excepto convivintes.
– De 03.00 a 06.00 horas están prohibidas as reunións de persoas non convivintes.
– De 00.00 a 06.00 horas está prohibida a permanencia de persoas en todos os parques, xardíns e praias.

Ocupacións de vía pública non autorizadas: colocación de mobiliario e calquera tipo de posto.

Establecementos hostaleiros: permitido un aforo no interior do 75% e en terraza do 100%. Peche obrigatorio a 01.00 horas.

Controis de alcohol, drogas e velocidade entre os condutores de vehículos.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.