Turismo de Rianxo organiza un roteiro guiado sobre a historia da Guadalupe

09 Setembro 2021

Seguen este mes de setembro os roteiros guiados do Concello de Rianxo. Desta volta, coincidindo coas festas rianxeiras máis internacionais, o Goberno local organizou un percorrido divulgativo para mostrar a historia da Guadalupe e os puntos de interese vencellados á súa devoción.

O roteiro, que ten prazas limitadas, vén da man da Área de Turismo do Concello. O lugar e hora de inicio da ruta será o 15 de setembro ás 11.00 horas, diante da Capela da Guadalupe de Rianxo.

As inscrición (obrigatoria) deberá facerse nos puntos de información turística de Rianxo ou no teléfono 604 023 753 (de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 19, fin de semana de 10:30 a 14:30).

– Prazo límite de inscrición: ata 2 días antes da ruta.

​​​​​​​- Nº mínimo de persoas para a realización da ruta: 5.

​​​​​​​- Nº máximo total de persoas na ruta: 20.

​​​​​​​- Duración da ruta: de 1 h 30 min.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.