Remata con obradoiros culinarios a formación do programa de emprego de Boiro

07 Setembro 2021

Esta semana remataron en Boiro as actividades formativas do programa municipal de emprego (PIE), edición 2020-2021. Fixérono co desenvolvemento dos módulos de aprovisionamento, preelaboración, conservación e elaboración culinaria que se desenvolveron dentro do Certificado de Profesionalidade de Operacións Básicas de Cociña.

As participantes adquiriron coñecementos para realizar elaboración culinarias, pratos combinados, aperitivos, fornecemento de materia prima a conservación alimentaria. O Concello fixo saber que “todas as participantes estanse a incorporar a diferentes empresas do Barbanza para realizar 80 horas presenciais do módulo de prácticas profesionais”.

Toda a formación do curso impartiuse no Centro de Formación e Viveiro de Empresas que o Concello de Boiro ten no Polígono Industrial de Espiñeira, acreditado para impartir formación vinculara a certificados de profesionalidade.

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro está dirixido exclusivamente a mulleres e subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o servizo Público de Emprego Estatal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.