A Deputación financia con 235.000 euros a remodelación do Campo de Fútbol Eleuteiro Balayo (Muros)

06 Setembro 2021

A Deputación da Coruña, a través do Plan Único, impulsará a remodelación do Campo de Fútbol Eleuterio Balayo, en Muros. Farao ampliando o terreo de xogo e renovando o seu céspede, mellorando de xeito substancial unha infraestrutura moi empregada pola veciñanza.

As obras contarán cun orzamento total de 235.000 euros, dos que a Deputación achega 170.806. O Concello será o encargado de aportar os 64.194 euros restantes.

Segundo explica a entidade provincial, o campo presenta na actualidade certas deficiencias debido ao intenso uso que require. Co fin de emendalas, substituirase o céspede artificial existente por un sintético de última xeración e ampliarase o terreo de xogo ata os 100 metros de longo e os 55 de ancho, con metro e medio de bandas laterais e dous metros nos fondos. Previamente a este cambio, repararase o firme da zona onde presente eivas e demolerase o murete de formigón existente no fondo norte, co posterior levantamento doutro tres metros cara fóra.

O campo contará cunha marcaxe para fútbol 11 e 8, podendo esta última modalidade celebrar dous partidos de forma simultánea. As tarefas de mellora do campo tamén incluirán a substitución da varanda existente por unha nova de aluminio que inclúa a zona ampliada, así como a dotación de novo equipamento deportivo. Á súa vez, ampliarase a canle de recollida de pluviais e substituiranse os canóns existentes da rede de rego.

As obras están en fase de licitación ata o vindeiro 23 de setembro, data ata que as empresas interesadas poderán presentar as súas propostas para estas actuacións, que contan cun prazo de execución de tres meses.

Desde a súa creación en 2017, o Plan Único da Deputación contribuíu á construción e mellora de 108 instalacións deportivas na provincia, cun investimento próximo aos 16 millóns de euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.